Proxecto de Innovación

“Hamburguesas: Morenas y Verdes” (FEADER 2017/035B)

Entidades Participantes: Verín Bioccop SCG, Centro Tecnolóxico da Carne – CTC, Consexo Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia – CRAEGA e Unión de Cooperativas – AGACA.

O proxecto de innovación liderado por Verín Biocoop pretende potenciar a gandría ecolóxica de vacún de carne, preservando as razas autóctonas en perigo de extinción. O obxectivo principal do preoxecto é deseñar unha gama de hamburguesas gourmet, elaborados con productos 100% ecolóxicos con carne procedente de razas coñecidas coma Morenas do Noroeste e vexetais de temporada. Estas ecohamburguesas cubrirán as estacións primavera, verán, outono e inverno. Dado que o mercado o que se dirixe é moi exixente elaboraranse produtos novidoso, ben diferenciados e cun alto valor engadido, partindo da transnformación das producións locais. No seu conxunto o proxecto “Hamburguesas Morenas e Verdes” incidirá na dinaminazación da agricultura e na gandaría ecolóxica da comarca Ourensá de Verín, especialmente das áreas de montaña.

Verín Bioccop coordina o proxecto e encárgase das tarefas de produción da carne de morenas del Noroeste e do deseño das receitas das hamburguesas, o CRAEGA da certificación do proceso de produción e elaboración en ecolóxico, AGACA coma responsable das iniciaitas de difusión e contando co apoio do Centro Tectnolóxico da Carne para a industrialización das receitas e as análises nutricional e sensorial cara a posta no mercado.

Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia e dp FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) no marco do PDR (Programa de desenvolvemento rural) de Galicia 2014-2020, mediante o programa de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da AEI (Asociación Europea da Innovación).